Iniciativa Subscríbete ao galego

Subscríbete ao galego e leva un hosting + dominio .GAL gratis

|

Actualizado el miércoles, 23 noviembre, 2022

Iniciativa Subscríbete ao galego

Les ou escoitas contido en galego? No mes da celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, colaboramos coa Asociación de Medios en Galego e coa Asociación PuntoGal para apoiar o uso da lingua na rede a través da iniciativa Subscríbete ao galego.

Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se fagan subscritoras dalgún dos medios en galego participantes na campaña recibirán totalmente de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante un ano. Un agasallo valorado en máis de 170 euros!

Participa!

Un dominio .GAL e un Hosting Avanzado de balde permitiranche:

  • Ter unha conta de correo profesional co teu propio nome de dominio. Dá mellor imaxe e transmite máis credibilidade que as contas de correo gratuítas.
  • Iniciar o teu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. Un hosting e un dominio é todo o que precisas para comezar a desenvolver unha páxina.

Entre outros recursos, o Hosting Avanzado que vas recibir inclúe:

  • 100 GB de espazo
  • Transferencia ilimitada
  • Contas de correo e chat ilimitadas
  • WordPress, PrestaShop e moitas outras aplicacións, coas que montar a web che vai ser moito máis fácil
  • Certificado SSL gratis, posto que levas un Let’s Encrypt xa preinstalado
  • Copias de seguridade gratis dos últimos 30 días
  • Discos NVMe para que a web vaia máis rápido

Son só dous pasos!

Mira que sinxelo:

  1. Subscríbete a algún dos medios participantes na campaña:
    1. Nós Diario
    2. Radiofusión
    3. Praza Pública
    4. Luzes
    5. O Sil
    6. Mazarelos
    7. Código Cero
    8. O Barbanza
    9. Tempos novos e A trabe de ouro
  2. Entre o 1 de xuño e o 25 de xullo recibirás o teu código para poder inserir na web de Subscríbete ao galego e obter o teu hosting e dominio gratis. Pódelo usar ti, ou quen ti decidas.
Aquí tes as condicións de participación ao detalle.

Subscríbete ao galego pretende axudar a que se multipliquen as subscricións a xornais, medios dixitais ou radios que fan contido en galego, á vez que impulsamos o crecemento da comunidade online en galego e fomentamos a normalización do idioma en todos os ámbitos.

Aproveitamos para agradecer o apoio de tantos outros medios en galego que, sen teren un programa de subscrición, colaboran coa campaña dándolle visibilidade a través das súas canles. É o caso de Galicia Confidencial, Nós Televisión, Lindeiros, GCiencia, As Nosas, EntreNós Dixital, Que pasa na costa, AMSGO, Revista Pincha, Radio Estrada, Radio Fene, Novas do Eixo Atlántico, Foro Peneira, Zona Press, A Xente de Teo, Ollaparo ou A Voz de Vilalba.

Súmate ti tamén!


Avatar de Adriana Freire

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Newsletter

Recibe quincenalmente consejos muy útiles para tu web y ecommerce. Además, con tu alta te regalamos 3 guías: la Gran Guía de la Digitalización, la Guía de WordPress más completa y la Guía de Ciberseguridad para mantener tu web y pyme seguras.

Conviértete en afiliado

Gana dinero recomendando dinahosting a todo el mundo.