Actualizado el viernes, 22 septiembre, 2023
Les ou escoitas contido en galego? No mes da celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, colaboramos coa Asociación de Medios en Galego e coa Asociación PuntoGal para apoiar o uso da lingua na rede a través da iniciativa Subscríbete ao galego.
Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se fagan subscritoras dalgún dos medios en galego participantes na campaña recibirán totalmente de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante un ano. Un agasallo valorado en máis de 170 euros!
Participa!
Un dominio .GAL e un Hosting Avanzado de balde permitiranche:
- Ter unha conta de correo profesional co teu propio nome de dominio. Dá mellor imaxe e transmite máis credibilidade que as contas de correo gratuítas.
- Iniciar o teu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. Un hosting e un dominio é todo o que precisas para comezar a desenvolver unha páxina.
Entre outros recursos, o Hosting Avanzado que vas recibir inclúe:
- 100 GB de espazo
- Transferencia ilimitada
- Contas de correo e chat ilimitadas
- WordPress, PrestaShop e moitas outras aplicacións, coas que montar a web che vai ser moito máis fácil
- Certificado SSL gratis, posto que levas un Let’s Encrypt xa preinstalado
- Copias de seguridade gratis dos últimos 30 días
- Discos NVMe para que a web vaia máis rápido
Son só dous pasos!
Mira que sinxelo:
- Subscríbete a algún dos medios participantes na campaña:
- Recibirás o teu código para poder inserir na web de Subscríbete ao galego* e obter o teu hosting e dominio gratis antes do 30 de xuño. Pódelo usar ti, ou quen ti decidas.
*Rematado o prazo de inscrición.
Aquí tes as condicións de participación ao detalle.
Subscríbete ao galego pretende axudar a que se multipliquen as subscricións a xornais, medios dixitais ou radios que fan contido en galego, á vez que impulsamos o crecemento da comunidade online en galego e fomentamos a normalización do idioma en todos os ámbitos.
Aproveitamos para agradecer o apoio de tantos outros medios en galego que, sen teren un programa de subscrición, colaboran coa campaña dándolle visibilidade a través das súas canles. É o caso de GCiencia, Galicia Confidencial, Quepasanacosta, Revista Pincha, Revista Inviable, Radio Estrada, Lindeiros, Novas do Eixo Atlántico, Xornal da Coruña e O Barbanza.
Súmate ti tamén!
Deja una respuesta