Actualizado el lunes, 21 noviembre, 2022
Presentámosche i.gal, o acurtador de URLs con selo galego, artellado en colaboración coa Asociación Puntogal e con Agasol. Agardamos que che resulte útil no teu día a día!
Esta nova ferramenta permite codificar calquera enderezo web facéndoo máis pequeno, para que te esquezas de contar os caracteres en Twitter. Ademais, podes personalizar ao teu gusto as palabras que forman parte da URL xerada. Dálle ao teu maxín!
i.gal baséase no software Polr 2, unha plataforma de software libre na que colaboramos. Descubre moito máis sobre o proxecto na páxina de Github ou na súa web.
O acurtador de links i.gal súmase a outras iniciativas a prol da lingua galega, como a rebaixa do dominio .GAL e a velaquí, servizo de envío e intercambio de arquivos ata 2 GB de forma gratuíta.
Xa o estás probando, camarada! 🙂
Deja una respuesta