Dinahosting co emprego de calidade

|

Actualizado el jueves, 25 mayo, 2023

Onte estivemos no Foro de Empresas organizado pola Escola de Enxeñería Informática da USC. Xunto cunha vintena de empresas tecnolóxicas do sector, tivemos a oportunidade de conversar e coñecer as inquedanzas dos futuros enxeñeiros informáticos do país.

Facémosche un resumo por se non puideches vir 🙂

  • É importante que vaias pensando no sector que máis che motive: programación ou administración de sistemas á hora de focalizar a túa busca de emprego. En dinahosting dámosche a oportunidade de desenvolverte profesionalmente en ámbolos dous.
  • Aínda que esteas na Universidade, é moi interesante que realices ao mesmo tempo algunha certificación profesional no ámbito que máis che guste. Axúdache a especializarte, é o mellor de todo, a diferenciarte do resto.
  • Hai que practicar, practicar e practicar. Malia que teñas un título universitario, da carreira sairás cunha idea moi xeral, polo que é bo que aproveites o verán para poñer en práctica todo o que sabes nalgunha empresa.

emprego-3

Procuramos talento

Buscamos persoas con capacidade de liderado, curiosas e proactivas que queiran desenvolverse profesionalmente na dinahosting. Ofertamos dúas bolsas de prácticas remuneradas para administración de sistemas e programación. Aquí tes máis información.

Se o prefires, tamén nos podes enviar o teu currículo a rrhh@dinahosting.com. Estámoste esperando 😉


Avatar de Comunicación Dinahosting

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Newsletter

Recibe quincenalmente consejos muy útiles para tu web y ecommerce. Además, con tu alta te regalamos 3 guías: la Gran Guía de la Digitalización, la Guía de WordPress más completa y la Guía de Ciberseguridad para mantener tu web y pyme seguras.

Conviértete en afiliado

Gana dinero recomendando dinahosting a todo el mundo.