Actualizado el jueves, 25 mayo, 2023
Unímonos xunto con máis de 300 comercios de Compostela á proposta feita pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.
Hai un mes chegounos unha carta do Concello de Compostela para nos unirmos a #CompostelaEnNegro, unha campaña de sensibilización social contra todas as formas de violencia que sofren as mulleres. Na dinahosting temos claro que as empresas tamén somos axentes de socialización, sentímonos parte activa da sociedade e queremos contribuír ao seu progreso e na mellora da construción dos valores colectivos que se comparten na nosa comunidade.E por iso a resposta pareceunos obvia: xuntamos á acción!
Se queres xuntarte tamén, só tes que poñer o escaparate ou espazo máis visíbel do teu estabelecemento de negro. Nesta ligazón podes atopar as imaxes.
A acción transcorrerá dende o xoves 19 até o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Deja una respuesta