Actualizado el miércoles, 28 agosto, 2024
Por segundo ano consecutivo unímonos a #CompostelaEnNegro. Esta campaña nace co obxectivo de poñer sobre as axendas públicas, coa maior contundencia posíbel e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema de toda a cidadanía. Na dinahosting estamos fortemente comprometidos coa igualdade e co progreso social, por iso estas iniciativas nos parecen imprescindibles.
Ate o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, centos de establecementos comerciais e axentes sociais de Compostela tinguiremos de negro as nosas rúas para visibilizar e sensibilizar.
Animámoste a que te xuntes tamén a esta proposta feita pola Concellaría de Igualdade. Pon o escaparate do teu comercio, do teu bar, da túa tenda, ou mesmo ti! de negro. Tamén podes apoiar a campaña nas redes sociais e axudar a facer viral o hashtag #CompostelaEnNegro.
Únete á acción!
Deja una respuesta