Actualizado el jueves, 21 septiembre, 2023
Por quinto ano, o Festival Atlántica desprega as súas velas polas diferentes cidades galegas, levando a narración oral ás escolas, ós teatros, ós bares… Se hai algo que nos gusta na dinahosting son as historias, así que, como non podía ser doutra maneira, apoiamos Atlántica dándolles aloxamento web de balde. Pero este ano imos ir un pouco máis alá.
Índice de contenidos
Avelino González, no teu sofá!
Queremos levar boas historias alá a onde ti estés! A Avelino González, que estará nesta edición do #FestAtlantica, encantaralle contarche un conto dende o teu sofá, por exemplo 😉
Para iso, twittea #contahosting mencionando a dinahosting e ao Festival e mándanos un clip duns segundiños co teu conto: o que máis che gusta, o que che contaban para durmir, o que sempre che deu máis medo… Entre quenes publiquedes microrrelato faremos o sorteo. Anímate, que te vas divertir! Con Avelino é imposible non facelo 😀
Consigue a túa entrada
Ademais, sorteamos:
-Dúas entradas para a gala inaugural, con todos os contadores e contadoras do Festival. Será na sala Mozart do Auditorio de Galicia, o mércores 15 ás 21h.
-Dúas máis para “Unha mulata na corte do rei García”, de Soledad Felloza. Pódela escoitar o venres 17, no Museo do Pobo Galego, ás 20.30h.
-E outras dúas para “Xograr coas palabras”, de Christian Atanasiu. De novo na sala Mozart do Auditorio, ás 21h do sábado 18.
Para conseguilas, twittea co hashtag #contahosting mencionando a dinahosting e ao Festival, e escribe a túa mensaxe de apoio á tradición oral e ao #FestAtlantica, que ten que seguir medrando!
E agora veña, a encher a rede de contos!
Deja una respuesta