Actualizado el martes, 26 septiembre, 2023
Onte estivemos no Foro de Empresas organizado pola Escola de Enxeñería Informática da USC. Xunto cunha vintena de empresas tecnolóxicas do sector, tivemos a oportunidade de conversar e coñecer as inquedanzas dos futuros enxeñeiros informáticos do país.
Facémosche un resumo por se non puideches vir 🙂
- É importante que vaias pensando no sector que máis che motive: programación ou administración de sistemas á hora de focalizar a túa busca de emprego. En dinahosting dámosche a oportunidade de desenvolverte profesionalmente en ámbolos dous.
- Aínda que esteas na Universidade, é moi interesante que realices ao mesmo tempo algunha certificación profesional no ámbito que máis che guste. Axúdache a especializarte, é o mellor de todo, a diferenciarte do resto.
- Hai que practicar, practicar e practicar. Malia que teñas un título universitario, da carreira sairás cunha idea moi xeral, polo que é bo que aproveites o verán para poñer en práctica todo o que sabes nalgunha empresa.
Procuramos talento
Buscamos persoas con capacidade de liderado, curiosas e proactivas que queiran desenvolverse profesionalmente na dinahosting. Ofertamos dúas bolsas de prácticas remuneradas para administración de sistemas e programación. Aquí tes máis información.
Se o prefires, tamén nos podes enviar o teu currículo a rrhh@dinahosting.com. Estámoste esperando 😉
Deja una respuesta